Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Visitan a consultora Unayta que está a dixitalizar o arquivo municipal amesán

A Maía. Blas García, rexedor amesán, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, visitaron a empresa Unayta da avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. Trátase dunha consultora tecnolóxica especializada na dixitalización documental e oficina sen papel que leva varios anos traballando co Concello de Ames co obxectivo de gardar electronicamente a documentación do arquivo municipal.

Este traballo estase realizando en varias fases, xa que hai que pasar a formato dixital unha gran cantidade de arquivos. A visita enmárcase na rolda de contacto que está mantendo o goberno municipal coas empresas relacionadas coas novas tecnoloxías e do sector audiovisual que teñen sede na capital maiá.

A pandemia da covid acelerou o xeito de relacionarse de forma telemática entre a veciñanza e maila administración local. Na actualidade a maior parte da cidadanía relaciónase coa administración a través de medios telemáticos, polo que é moi importante que o Concello dispoña de mecanismos dixitais para poder favorecer dita relación.

Seguindo esta pauta de traballo, dende hai uns anos o Concello está dixitalizando a documentación do arquivo municipal, para o que confiou na compañía local Unayta.

Trátase dunha empresa tecnolóxica especializada na dixitalización documental e oficina sen papel, e o Concello está facendo un importante investimento neste senso para preservar os arquivos públicos municipais. O.D. Vilar

19 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.