Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Visitas teatrais e charlas grazas a Un mes e Pico

BOQUEIXÓN. Tras unha fin de semana na que non faltou unha conferencia impartida polo docente e investigador Antón Bouzas Sierra, e unha ruta arqueolóxica polo Pico Sacro e a súa contorna; o ciclo Un mes e Pico continuará en setembro. Así, están programada visitas teatrais no cumio do monte sagrado, de man da compañía Os Quinquilláns; e a exposición itinerante O Pico Sacro no Códice Calixtino, que estará no centro de interpretación do Río Ulla de Touro (do 13 ao 19 de setembro) e na casa das Artes de Vedra (do 20 ao 26 de setembro). Finalmente, o sábado 25 de setembro, ás 20.00 horas na capela de San Sebastián, celebrarase o peche do ciclo a cargo do historiador Martín Almagro-Gorbea, coa conferencia A Raíña Lupa e o Monte Sacro. As actividades son gratuítas, aínda que o aforo está limitado. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse previamente no correo boqueixonturismo@gmail.com ou ben chamra ao número 981 513061. C.E.

24 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.