Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Volta a Tarrío o proxecto de arte urbana feminista

ames. O proxecto de arte urbana feminista Terra de mulleres: voces nos valos volve por segundo ano tras deixar en 2021 tres intervencións artísticas con perspectiva feminina na parroquia de Biduído. Os murais, inspirados polos recordos, testemuñas e fotografías da veciñanza, están situados no bar Guaraní do campo da festa de Biduído, na parede dun garaxe do lugar de Raíces e nun valo, cedido por un veciño na mesma aldea. Coa mesma intención de contextualizar e reflectir a historia do rural amesá cunha mirada feminina, o proxecto continúa este ano en Tarrío, na parroquia de Bugallido, onde o pasado martes 4 se realizou a primeira xuntanza desta segunda edición de Terra de mulleres. Na reunión participaron a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Luisa Feijóo, representantes de 7H Cooperativa Cultural, e veciñanza de Tarrío e da Asociación Veciñal Tras do Río. Nesta xuntanza previa á creación dos murais, que se fará entre os días 24 e 29 de outubro, presentouse o proxecto á veciñanza, propuxéronse posibles lugares para realizar as intervencións artísticas, e realizouse unha primeira toma de contacto para recoller as testemuñas de vida da veciñanza, como os costumes que tiñan na súa vida diaria, os seus oficios e outros recordos persoais. Algunhas das lembranzas incluíron labores diarios como ir ao muíño, lavar, ou facer o pan. arca

10 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.