Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Volve a Batalla de Cacheiras ca súa carreira e ruta teatral

Teo. O Concello de Teo volve a organizar o día 23 a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras, recuperando o percorrido previo á pandemia e incluíndo á marxe unha ruta teatralizada cos Quinquilláns. Deste xeito a pedestre absoluta alongarase por nove quilómetros dende a reitoral de Bamonde ata o alto de Montouto, na Pena Escorredía.

As inscricións, tanto nas probas para escolares coma na proba absoluta, faranse a través da web www.emesports.es ata o martes 19 de abril ás 23.59 horas e xa están abertas. A proba deportiva recupera a tradición de conmemorar os acontecementos históricos da Batalla de Cacherias, acontecidos o 23 de abril de 1846. O percorrido da proba absoluta vai polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzou para enfrontarse ao exército sublevado do xeneral Solís. A saída farase dende a Reitoral de Bamonde ás 17.30 e a meta será no alto de Montouto, na Pena Escorredía. A entrega de premios farase a partir das 17.30 horas.

Ademais, Turismo de Teo programa para o 24 ás 10.00 horas unha ruta dramatizada cos Quinquilláns no marco desa batalla, cunha andaina dende Bamonde ata o miradoiro de Montouto (anotación en turismo.teo.gal). O.D.V.

14 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.