Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Volve a carreira Móvome pola Paz ata Barouta con recollida de alimentos

A Maía. Co gallo da celebración do Día Mundial da Paz, e por sexto ano consecutivo, o colexio amesán CEIP de Barouta celebrará este venres a súa carreira solidaria Móvome pola Paz, que incluirá a recollida de alimentos que, na anterior edición, xa superou a media tonelada de víveres.

E farao cunhas medidas sanitarias idénticas ás do ano pasado, co alumnado correndo con máscara, sen público e respectando os seus grupos burbulla, mais sen perder o espírito de festa e de solidariedade habituais. Dende o pasado luns o centro xa recolle alimentos e produtos de hixiene, que logo doarán ao Banco Municipal de Alimentos do Concello de Ames. O director do centro, Alonso Caxade, adianta “unha carreira con todas as da lei”, que sirva para recordar á infancia, “unha das capas sociais máis esquecidas nesta pandemia”.

Porén, as restricións sanitarias non impedirán que as nenas e os nenos de Barouta gocen dunha xornada de “festa contida”, sinalou Caxade. “Queremos organizar unha carreira con todas as da lei. O tempo do patio quedará organizado arredor da carreira, que contará con todo o seu ‘atrezzo’ e a súa escenografía: arco de meta, vallas de entrada, ou cintas que limiten o circuíto”, destacou.

Para realizar as doazóns, recomendan evitar horas de gran afluencia para achegarse ao CEIP, como as entradas ou as saídas. O edil de Educación, David Santomil, agradeceu “o traballo de organización e a solidariedade” da comunidade educativa. M.M.

26 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.