Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Volve o Festeo e a Feira da terra con Xabier Díaz

Teo. A carballeira de Francos volverá a acoller o FesTeo e a Feira da terra o sábado 4 de xuño. Trátase dunha xornada de festa e encontro no que se pon en valor o tecido asociativo e cultural do Concello teense.

Haberá música, baile, deportes, cultura urbana e terá presenza dos movementos sociais locais cun fin de festa destacado: o concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre ás 20.30 horas.

Pero ademais, programouse unha Feira da Terra que coordina a Asociación A Carballeira e achegará postos de venda de produtos da terra así como artesanais. A iniciativa comezará ás 17.00 horas, con música e baile tradicional da banda cultural de Teo, A Mámoa de Luou, a AC Rosalía de Castro de Cacheiras, a SR de Calo, A Pontevella de Reis e Cruceiro do Monte. Haberá ademais mostras deportivas de taekwondo, judo, kárate, tiro con arco e unha mostra do club de aeromodelismo Estela, ademais de cultura urbana na vella escola. ODV

24 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.