Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Volve o jazz con Límbico e Xacobe Martínez Antelo

A Maía. O encontro Ames Jazz cumpre 5 anos, estendendo a súa programación a dous días e incorporando aos habituais concertos dúas proxeccións de películas relacionadas con este xénero musical. Será no Pazo da Peregrina e exteriores, o 1 e 2 de xullo ás 22.30 horas.

Entre as actuacións, figuran a de Límbico (o sábado) e Xacobe Martínez Antelo Quinteto (domingo). Ademais, proxectaranse os documentais Thelonious Monk: Straight, No Chaser e Keith Jarrett: The Art of Improvisation. En caso de choiva, o Encontro trasladarase ao auditorio da casa da cultura da capital amesá.

Ao acto de presentación acudiron a edil de Cultura, Natividade González; e mailo de Educación, David Santomil, que tivo as competencias en materia de Cultura no anterior mandato e puxo en marcha dita iniciativa. Estiveron con Xacobe Martínez, director artístico e representante do grupo Xacobe Martínez Antelo Quinteto; e Iago Marta, de Límbico.

Outra das novidades, aparte das proxeccións que chegarán ás 20.30 horas os dous días, será que a vermutería e coctelería O Transistor instalará unha barra de bar os dous días que se celebra o Encontro de jazz, para aquelas persoas que queiran tomar unha consumición. Este servizo ofrecerase antes das proxeccións e despois (non durante), unha vez rematen os visionados, pero si nos concertos. M. O.

11 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.