Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Volven as actividades en grupo á Aula da Natureza

A Maía. Co avance da vacinación volveron as actividades grupais aos colexios e institutos amesáns, cos que a Aula da Natureza está colaborando nestas últimas semanas. O IES de Ames, o CEIP de Barouta e a Escola Unitaria de Covas son os centros nos que traballou a Aula, respondendo ás solicitudes de colaboración do alumnado e dos equipos docentes e directivos, e realizando diversas accións de intervención medioambiental que tamén crean comunidade.

“As saídas son un xeito máis de compartir cos compañeiros e compañeiras, de socializar, de respectar quendas e momentos e de construír algo xuntos en comunidade”, sinalou Silvia Seoane, mestra da EEI de Covas. Fenoloxía, horticultura, prevención de lumes ou roteiros polo monte foron algunhas das actividades que aproveitan as árbores, as plantas, a paisaxe ou a terra como vehículo para que a rapazada desenvolva o seu interese polo medio, e que espertou o interese dos pequenos. M.M.

06 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.