Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Volven os contacontos na rede para os nenos e nenas de Ames

Emitiranse todos os mércores, ás 17.00 horas ata finais de ano a través do facebook da biblioteca de Bertamiráns

Ames. A Biblioteca Municipal de Ames inicia hoxe unha serie de sesións de contacontos na rede baixo o título de “Dixicontos”, que emitirá até finais de ano todos os mércores, ás 17:00 horas. Os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de facebook da biblioteca. O programa responde á necesidade de trasladar ao entorno dixital as habituais sesións de conta contos que estaban programadas para o último trimestre do ano e que, por mor das restricións que dita a normativa de loita contra da covid-19, non se poden realizar nas propias sedes da biblioteca.

As animadoras á lectura da Biblioteca Municipal de Ames, Bibiana Fernández e Divina Calvo, serán as encargadas de interactuar coa rapazada amesá.

Clásicos contemporáneos como “A cebra Camila” de Marisa Núñez, contos tradicionais doutras culturas como “A máscara do León” de Margarita do Mazo formarán parte do repertorio de “Dixicontos”.

“Diante da adversidade non queda outra que reinventarse e iso xa o demostraron os técnicos e técnicas da biblioteca municipal de Ames durante o confinamento, inzando de actividade ás redes; agora, debido a que as normas de loita contra a pandemia dificultan a realización das sesións presenciais de contacontos, as animadoras da biblioteca poñen en marcha os “Dixicontos” para, deste xeito, seguir motivando á rapazada a ler e escoitar historias”, manifesta a concelleira de Cultura e responsable do servizo de Biblioteca, Natividade González.

18 nov 2020 / 12:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.