Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Votan que xestione a Xunta o comedor do CEIP Os Tilos

No pleno tamén se aprobou o orzamento que conta cunha partida de máis de 21 millóns // Sete destínanse ao capítulo de investimentos

As forzas políticas de Teo (SondeTeo, PSdeG-PSOE, PP e BNG) apoiaron a moción que se debateu no pleno en favor da petición da ANPA Cobas do CEIP Os Tilos de solicitar á Xunta de Galicia que asuma a xestión do comedor escolar neste centro. Todos os grupos votaron a favor desta petición da comunidade educativa.

Segundo explican dende o Concello o acordo implica “apoiar a solicitude da ANPA do CEIP Os Tilos á Consellería de Educación da Xunta de Galicia, para que xestione dende este centro o seu comedor, en cumprimento das súas competencias recollidas na normativa vixente”, apuntan fontes municipais. Tamén implica “remitir o presente acordo á Consellería de Educación da Xunta así como ao presidente da Xunta de Galicia”, indican.

Durante a sesión plenaria lembrouse que a petición foi trasladada ao Goberno galego xa en agosto de 2020 cando a ANPA deixaba de prestar o servizo. Así mesmo faise constar que segundo establece o artigo 1.3 do Decreto 132/2013 “a consellería competente en materia de educación proverá, mediante a modalidade máis convinte en cada caso, a prestación do servizo de comedor escolar ao alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil”, lembraron na sesión. .

Durante o pleno tamén se deu luz verde aos orzamentos 2021, que saíron adiante cos votos a favor do goberno (PSOE e SondeTeo), co voto en contra do PP e coa abstención do BNG. Este ano recolle unha previsión de gastos e ingresos de 21.670.301 euros. Un dos capítulos máis destacados destas contas é o de investimentos, cifrado en sete millóns de euros.

05 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.