Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xa poden formalizar a matrícula os alumnos que sigan na escola de música

A Maía. Xa está aberto o prazo para que o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, poida renovar a súa praza de cara ao vindeiro curso 2022-2023. E será ata o 10 de xuño cando poderase realizar a solicitude a través da sede electrónica do Concello ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais, pedindo cita previa na sede electrónica.

A matrícula está dirixida ao alumnado que xa estivo anotado na escola neste curso. As persoas que formalizan a matrícula dun curso para o seguinte teñen unha bonificación do 50 % no importe desta. Pola súa banda, os usuarios de novo ingreso poderán inscribirse en setembro.

Desta maneira, todo o alumnado que non estea exento de pagamento de matrícula recibirán un correo electrónico dos Servizos de Recadación do Concello de Ames coa autoliquidación da taxa correspondente, e terán de prazo para o seu pagamento ata o 10 de xuño. Para a renovación da praza as persoas interesadas deberán cubrir a solicitude que consta na web municipal e entregala nos rexistros citados, dirixíndoa á concellaría de Cultura-Escola Municipal de Música de Ames. A renovación poderase realizar tamén en calquera outro medio dos recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Para máis información, pódese poñer en contacto coa EMMA a través do enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal, ou ben a través do teléfono 981 535 940, en horario de 9.00 a 14.00 horas. O.D. Vilar

01 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.