Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xestión dos concilia máis doada coa renovada web

Ames. O Concello de Ames vén de presentar a nova identidade corporativa conciliames.gal. O logotipo integra todos os servizos complementarios de educación e os programas municipais de conciliación da vida laboral e familiar Bos Días Cole, Comedores Escolares (incluíndo a apertura no vindeiro mes de xullo das novas instalacións no Colexio da Maía, en Bertamiráns), e tamén Tardes Divertidas, Lúdicos e a Escola de Verán.

Deste xeito, realizouse a actualización e modernización da imaxe e a xestión da web conciliames.gal, de cara á mellora da administración electrónica, e inclúense os formularios para a solicitude de praza e matrícula das escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena.

E lémbrase que dende este luns 21 de xuño abre o prazo para matricularse nos servizos complementarios de Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedores Escolares, que suman 406 admitidos, segundo o listado para o curso 2020-21. m. outeiro

22 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.