Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xornada de educación sexual e fotos neste verán

AMES. O departamento de Mocidade amesán puxo en marcha o pasado 26 de xullo o Programa [con]sentido cunha ampla programación que abrangue un concurso de fotografía, obradoiros de sexualidade, xornadas de educación sexual e un videoforum dando así resposta á demanda da mocidade amesá nos Orzamentos participativos do ano 2020. Busca fomentar a igualdade entre os sexos, cultivar o respecto, a aceptación e a tolerancia cara todas as sexualidades, favorecer o autocoñecemento e o coñecemento das demais persoas, asi como promover unha vivencia libre, segura e satisfactoria da sexualidade. E inclúe a I edición do concurso de fotografía #SexualizArte 2021, para mozos de 18 e 30 anos, que busca as mellores fotografías sobre realidades e vivencias na sexualidade ata o 30 de agosto. E xa en setembro haberá unha Xornada de Educación Sexual. Será o 18 do vindeiro mes na casa da cultura do Milladoiro dende as 10.00 horas. M. Manteiga

08 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.