Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Youtubeiros duplica o número de vídeos a concurso ata chegar a 537

Participan 4 concellos de Área e o resultado divulgarase despois da ponte de decembro

Ames. A cuarta edición dos Premios Youtubeir@s atraeu 537 vídeos e 68 canles que competirán para gañar premios por valor de 7.500 euros nunha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística de 10 concellos, as 3 universidades e tamén a Deputación coruñesa.

A participación rexistrada duplica amplamente a da edición de 2019, ano en que concorreron 240 vídeos e 50 canles. O resultado das doce categorías nas que se dividen os galardóns farase público á volta da ponte de decembro tras a decisión definitiva tomada polo xurado conformado por Brais Romero, Rosa Moreiras, Matías Tarrío, Xoana e Mabel Montes.

Neste atípico 2020, por mor das circunstancias sanitarias, a organización do certame substituirá a gala de entrega por un formato dixital no que os finalistas dos tres premios principais (canle, youtubeir@ e vídeo) serán entrevistados polas poetas Lucía Aldao e María Lado, e emitirase o 1, 2 e 3 de decembro.

Os concellos integrantes son Ames, A Baña, Teo, Rianxo, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago e tamén O Grove. m.m.

28 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.