Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Audiencia Provincial absolve á muller acusada de tentar matar a súa nai en Cee

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña absolveu a unha acusada de tentar matar á súa nai e de maltratar ao seu pai, tetrapléxico, en Cee. O tribunal considera probado que a sospeitosa discutiu coa súa nai no domicilio familiar e lle quitou o teléfono polo que estaba a falar. Despois, segundo o fallo, baixou á habitación na que estaba o seu pai, onde se produciu unha discusión durante a que a acusada lle lanzou unha ou varias pezas de roupa. “Non consta que executase acto algún contra a vida da súa nai ou contra a integridade física do seu pai”, salientan os maxistrados.

“Existe proba, pero o seu contido non permite establecer que teña a robustez esixible para sustentar un pronunciamento de condena, dada a súa insuficiencia para determinar máis aló de toda dúbida razoable os aspectos esenciais de feito e acción”, afirma o tribunal. Contra a resolución cabe presentar recurso.

20 oct 2022 / 17:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.