Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘A Casa de Galicia’ pode visitarse ata fin de mes na Praza da Constitución de Cee

Cee. A exposición A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía chegou este venres a Cee. A mostra repasa a historia deste museo e lembra o fito que supuxo en pleno franquismo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta casa grazas á colaboración de milleiros de persoas.

A mostra, que se pode visitar na Praza da Constitución ata o 31 de maio, está comisariada por Pepe Barro, tamén autor da museoloxía da Casa-Museo. No acto inaugural participaron Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía; Emilia Trillo, concelleira de Igualdade de Cee; e María Muíño, da Deputación da Coruña, organismo que financia esta itinerancia.

Esta exposición fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo. O Patronato Rosalía, creado en 1947, converteuse en refuxio do galeguismo, con actos, como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran auténticos encontros de afirmación galeguista. Nin sequera o franquismo puido facerlle fronte á vontade popular de recuperar esta Casa. Daquela participaron centos de persoas anónimas de Galicia a partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración, uníronse máis de 70 concellos, varios bancos, equipos de fútbol e innumerables asociacións de todo o país.

Esta exposición, que despois viaxará ata Pontedeume e logo continuará a súa itinerancia por cidades e vilas de todo o país, está patrocinada pola Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

20 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.