Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acondicionan o paseo da contorna fluvial do río Negro en Os Muíños

Alumnos do obradoiro de emprego e operarios municipais acometerán os traballos necesarios

Muxía. Os alumnos e alumnas do obradoiro de emprego comezarán nas vindeiras datas a realizar melloras na contorna do paseo fluvial do río Negro, en Os Muíños, segundo informan ao respecto dende o Concello de Muxía.

O concelleiro de Obras, Javier Romar, xunto coa directora e o profesor do obradoiro, planificaron xa as intervencións que se van realizar.

O goberno local quere deixar nas mellores condicións esta paraxe natural para que, coa chegada do bo tempo, poidan gozar dela a veciñanza e as persoas que se acheguen ata Muxía.

Estas intervencións, que serán combinadas cos traballos feitos polos operarios municipais, consistirán na limpeza da maleza no entorno fluvial; na restauración e mellora de pezas ornamentais e da sinalización; e no arranxo de elementos danados polos temporais e pola humidade.

Para o executivo muxián “estas melloras son fundamentais, xa que non só se realizará a creación de espazos naturais, senón que tamén se levará a cabo o seu mantemento”. O alcalde, Iago Toba, sinalou que “imos priorizar recursos para poñer a punto todo aquelo que levaba varios anos sen ter mantemento. Coa situación sociosanitaria que estamos a vivir, este espazo servirá para ofrecer unha boa opción de poder gozar de espazos de natureza”. J. M. R.

29 mar 2021 / 18:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.