Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Agasallos de Feirauto para as familias de Zas con menos recursos

ZAS. Como vén sendo habitual nos últimos anos, os representantes dos talleres de coches de Baio que organizan Feiratuo entregaron os agasallos da campaña solidaria Un coche, unha ilusión. Agora será o persoal do departamento de Servizos Sociais do Concello de Zas o encargado de distribuir os regalos entre as familias do municipio que teñan menos recursos.

Roupa de abrigo, calzado e textís para o fogar son os artigos que predominan, e todos foron adquiridos no comercio local. Ao acto de entrega asistiron os representantes dos talleres que forman o grupo Feirauto; o presidente da Fecom, José Gabín; o alcalde de Zas, Manuel Muíño; e o tenente de alcalde, Óscar Lema. O rexedor agradeceu “este pequeno xesto solidario co que se consigue que os agasallos de Nadal cheguen a todos os fogares do municipio”. J. M. R.

08 ene 2021 / 19:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.