Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alumnado do IES de Baio visibilizan as ‘Bravas’ con Isabel Risco

O alumnos de segundo de Bacharelato e os de primeiro e segundo de FPB do IES Maximino Romero de Lema, de Baio (Zas), puideron gozar, grazas ao Concello de Zas, do espectáculo teatral Bravas da actriz Isabel Risco, unha obra que quere rachar co silencio “e que teñamos en conta na actualidade que chegamos ata aquí grazas ao traballo pioneiro e duro de mulleres como Exeria, María Castaña, María Soliña, María Pita, Rosalía de Castro ou outras moitas anónimas, como as cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña que levaron a cabo a primeira folga feminina; cómpre defender o valor de todas elas incorporándoas como patrimonio das loitas presentes”, afirman dende o instituto baiés.

Ao mesmo tempo a obra mergullou ao alumnado “nas principais etapas da nosa historia ata chegar aos nosos días e máis aló, xa que Isabel Risco realiza un interesante salto cara ao futuro dende o que podemos percibir a crítica sobre a nosa sociedade actual. Unha espléndida proposta para seguir conmemorando o Día Internacional da Muller neste mes de marzo”, conclúen.

25 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.