Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Anulan unha sanción da Inspección de Traballo ao Concello de Corcubión

A denuncia partira do electricista municipal // A Xunta deberá devolver á Administración local 6.251 euros

O Xulgado do Social número 1 da Coruña acordou deixar sen enfecto unha sanción imposta pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao Concello de Corcubión, por valor de 6.251 euros, a cal fora imposta pola Inspección de Traballo en 2014.

Todo partiu dunha denuncia interposta polo electricista municipal, a raíz dunha certificación de actividades desenvolvidas que o operario consideraba que recollía expresións humillantes, e por non asignarlle tarefas e contratar a unha empresa externa.

A xuíza, na súa resolución, considera que a empresa non está obrigada a facer unha valoración positiva dos resultados e dedicación dun traballador, e que o feito de non encargarlle traballos en tensión vén motivado pola falta de formación técnica necesaria para que o referido electricista poida realizalos. Por todo iso, entende que non pode considerarse que o Concello actuase de “forma culpable” ao carecer da titulación requerida.

Igualmente, a xuíza considera que a contratación dunha empresa externa para realizar traballos de mantemento non supón un indicio de comisión de infracción, posto que se pretende paliar a situación creada pola falta de capacitación do traballador.

Deste xeito, o Xulgado do Social dictaminou que a Consellería de Economía debe deixar sen efecto a sanción e proceder a devolver os 6.251 euros ao Concello de Corcubión.

Dende o goberno local lembran que este mesmo traballador xa presentara no 2012 unha querela contra o anterior alcalde por un suposto acoso “que foi desestimada en sentenza firma pola Audiencia Provincial no 2016”. Aseguran que “a orixe de toda esta problemática con este traballador é a súa falta de capacitación e cualificación, resultado da irresponsabilidade de quen fixo a contratación dun oficial de primeira electricista sen ningún tipo de titulación”.

11 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.