Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aprazado polo forte vento o concerto de Tanxugueiras en Vimianzo

Celebrarase mañá martes, día 17, a partir das 21.30 horas // Dende o Concello aseguran que non se podía garantir a seguridade das artistas nin do público

O Concello de Vimianzo comunica o adiamento do concerto de Tanxugueiras previsto para esta tarde de luns 16 de maio, véspera das Letras Galegas, ao non poderse garantir a total seguridade tanto das artistas como do público. As fortes rachas de vento rexistradas nas últimas horas fixeron ao equipo técnico ter que baixar o palco, que xa se subirá esta mañá, co conseguinte risco de desprendemento. De feito, un dos tensores do tráiler rompeu.

“O primeiro é garantir a seguridade tanto das artistas como do público”, avanzaba a alcaldesa, Mónica Rodríguez, quen insistía en que “ante a mínima posibilidade de que exista risco, por pequeno que sexa, temos que tomar unha difícil pero meditada decisión”, asegura.

Polo tanto, o recital celebrarase mañá, martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 21:30 horas, no mesmo recinto habilitado. O Concello de Vimianzo comunicará nas súas redes sociais as actualizacións a esta información.

16 may 2022 / 20:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.