Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aprazan a festa de fin de ano en Cee e actividades do Nadal na Laracha

COSTA DA MORTE. Despois de analizar a situación actual da pandemia e o aumento do número de contaxios, o Concello de Cee decidiu aprazar a actuación prevista para o fin de ano na vila da Xunqueira. Dende o goberno local, que preside Margarita Lamela, consideran que “non se dan neste momento as garantías de seguridade sanitaria para poder levar a cabo a actuación de Fin de Ano na Praza 8 de marzo”.

Dende o Concello agradecen “a boa predisposición e comprensión de Manuel Ricardo Muñoz, xerente da discoteca móbil CDC, contando con toda a documentación para poder realizar a súa actividade”. Conscientes “da desilusión que esta nova supón especialmente para os máis mozos, e tamén para todas as persoas que lles gusta bailar, estamos traballar xa para a celebración de varias actuacións musicais en diferentes fins de semana, unha vez que superemos a situación actual e se poidan celebrar estes eventos sen restriccións. Nos mesmos terá cabida a Disco Móvil CDC con sesións musicais variadas para todos os públicos”, afirman.

Tamén na Laracha decidiron suspender as actividades previstas en espazos pechados do programa de Nadal. A realización da cabalgata dos Reis Magos dependerá das medidas que acorden as autoridades sanitarias competentes e, en principio, mantense a proxección do filme Joker en formato autocine o 8 de xaneiro.

29 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.