Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Atacan de novo a escultura de Man na galería Stoupa de Cee

Patalearon a obra danando a base da columna multicolor // A obra de Nando Lestón volverá a ser restaurada

O vándalos volveron a atacar a escultura de Nando Lestón dedicada a Man de Camelle e que se pode ver á entrada da galería Stoupa, de Cee. “Man, que aguantou estoicamente e sen inmutarse os temporais das últimas semanas, non puido resistir a estupidez humana duns descerebrados que volveron a atentar contra a escultura, destruíndo unha decena de pezas da obra”, afirma Begoña Fernández, xerente da galería.

Hai case 4 anos Stoupa encargou a Nando Lestón, para conmemorar o seu primeiro aniversario, unha obra que visibilizase a entrada á galería, ao mesmo tempo que simbolizase a esencia do que é Stoupa, a CostaDaMorte. Así naceu o 28 de xuño de 2017 Man, unha escultura formada por pezas amontoadas con formas, colores e estética que homenaxean a obra do mítico artista alemán de Camelle: Manfred Gnadinger.

Un ano e medio despois, no amencer do 1 de xaneiro de 2018, uns vándalos asañáronse a golpes coa escultura multicolor, destruíndoa case completamente. Uns días despois as máxicas mans de Nando Lestón encargáronse de devolver a vida a Man, restaurándoo para que o 28 de marzo de 2018 volvese outra vez para presidir espectacularmente o acceso a Stoupa.

Pero este domingo, a media tarde, os mesmos ou outros vándalos volveron a patalear a obra escultórica danando a base da columna multicolor que Stoupa promete volver restaurar.

23 feb 2021 / 13:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.