Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Camelle xunta a crebeiros de varios países nun encontro de lixo mariño

Serán tres xornadas, do venres ao domingo // Rematarán coa limpeza do areal de Trece

Camariñas. Crebeiros de varios países xuntaranse esta fin de semana en Camelle (Camariñas) no VI Encontro Internacional do Lixo Mariño, organizado por Retoque Retro (asociación sen ánimo de lucro), a asociación Mar de Fábula e o CEIDA de Santa Cruz de Oleiros.

Do venres ao domingo haberá conferencias, actividades de arte e cultura (performances, concertos) e unha xornada de recollida de lixo na praia de Trece (Camariñas) na xornada dominical.

O encontro comezará o venres. Tras unha visita guiada ao Museo Man empezará o ciclo de charlas no Centro de Actividades Ambientais de Mar de Fábula, coa participación do seu portavoz, Xosé Manuel Barros, e de membros do CEIDA.

Pola tarde, a partir das 16.30 horas, Simao Acciaoli, da Brigada do Mar, impartirá a conferencia Non quero saber. Problema global. De seguido, Óscar Vales, de We Sustainability, disertará sobre A conciencia-acción como necesidade de educación a través das accións.

Despois, a partir das 18.00 horas, o escritor local Rafael Lema intervirá coa súa ponencia A Costa da Morte. Terra de crebas e crebeiros. A continuación Ana Gutiérrez Dewar, do colectivo Retorna, avaliará O sistema de depósito, devolución e retorno. O ciclo de intervencións rematará cunha perfomance de Susana Sanromán co título To waste or no to waste. A xornada remata coa actuación musical ás 20.00 horas de Braian de Palma. O sábado, día 15, haberá máis conferencias e actuacións artísticas. M. L.

11 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.