Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Capturadas 879 raíñas de velutina en menos dun mes en Camariñas

COSTA DA MORTE. O Concello de Camariñas iniciou o pasado 10 de marzo unha nova campaña de trampeo para loitar contra a avespa velutina. Polo momento, os operarios municipais encargados desta tarefa levan capturadas 879 raíñas desta especie invasora. O Concello está adherido ao convenio entre a Xunta de Galicia e a Fegamp, que polo momento só contempla a retirada de niños e non inclúe a campaña de trampeo, “unha fase crucial para reducir a formación de futuros niños”, afirman. As trampas, de índole caseira, consisten nunha mestura de alcoles con substancias doces, como o vermú, viño branco, zume de arándanos, e variedades de alcol branco. “Este tipo de mecanismo está a ter unha grande efectividade”, sinalan. Estes elementos colócanse nas árbores con flor, ás que a velutina se achega para polinizar as flores. J. M.

06 abr 2021 / 19:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.