Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Catorce proxectos do GALP porán en valor os produtos, a cultura e a paisaxe mariña

Malpica. A Asociación Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte vén de aprobar catro proxectos que se repartirán en axudas 1,6 millóns de euros.

Trátase de iniciativas moi variadas, como a creación dun hotel da natureza de tres estrelas en Balarés (Ponteceso), que contará cun restaurante baseado nos produtos de lonxa de km 0; a rehabilitación dunha casa mariñeira para albergue turístico en Camelle (Camariñas), que disporá dun obradoiro e cociña para a elaboración de produtos gourmet; ou a creación de cabanas náuticas en Malpica e dun establecemento hostaleiro na contorna da marisma de Baldaio que ofertará experiencias de turismo mariñeiro.

Tamén apoiarán a creación da marca Percebe da Barca, en Muxía; unha área de formación medio ambiental e economía azul dirixida a persoas con diversidade intelectual en Carballo; a posta en valora da cultura mariñeira e da lonxa en Laxe; a posta en valor do bordo litoral de Cabana de Bergantiños e das zonas percebeiras de Laxe, e un proxecto que pretende posicionar a Malpica como destino Starlight.

En Muxía tamén se apoiará o proxecto de ampliación da capacidade produtiva de Esencia Atlántica, empresa que elabora de xeito artesán salsas e aderezos seguindo receitas tradicionais dos portos mariñeiros galegos. Pola súa banda, en Cabana desenvolverase un proxecto de economía circular que promove a integración socio-laboral das persoas con diversidade funcional a través dunha iniciativa de valorización dos residuos plásticos procedentes de refugallos mariños, e tamén se subvencionará o plan de mellora da eficiencia enerxética da Casa das Mariscadoras mediante a instalación de paneis solares.

E en Camariñas, a confraría implantará un túnel automatizado de lavado de caixas de peixe para conquerir reducir os tempos de lavado, o consumo de auga e, á vez, mellorar as condicións hixiénicas.

O importe total das inversións superará os 3,2 millóns de euros, e as iniciativas de carácter produtivo presenta un compromiso de emprego equivalente a 10 postos de traballo a tempo completo, o que se traduce na contración dun mínimo de 13 persoas, segundo indican dende o GALP Costa da Morte. M. LAVANDEIRA

15 abr 2021 / 20:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.