Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cee impulsa trece plans de eficiencia enerxética

COSTA DA MORTE. O Concello de Cee ten en marcha trece proxectos de mellora da eficiencia enerxética valorados en 2,4 millóns de euros, dos cales o 80 % será subvencionado polos Fondos Feder, segundo informou a alcaldesa, Margarita Lamela.

Actualmente están executándose a rehabilitación enerxética da Casa do Concello e o cambio de todas as luminarias a tecnoloxía LED en Cee, Fadibón, Brens, Gures, Ameixenda, Toba de Arriba, Xallas, Cábado, Morancelle, na Avenida Fisterra, Agra de Escabanas, A Granxa, Bazarra, Toba de Abaixo, na urbanización de vivendas Fernando Blanco, no paseo marítimo, nas rúas Estatuto de Autonomía de Galicia, Ourense, Matadoiro, Lugo, San Roque, Gueifar, Praza Concha Blanco, na contorna do centro comercial, a casa da cultura e a piscina, Escabanas, Raíces, Domingo Antonio de Andrade, A Armada, Lino Rodríguez Madero, A Pontella, Berroxe, A Pallagueira, Raso e Estorde, entre outros puntos.

Ademais, xa foron adxudicados os proxectos que se densenvolverán nos lugares de Estorde Norte, Toba (Igrexa), O Son, Vilar de Toba, Tedín, Carbaliza, Sembra, Porcar, Ruibo e Duei. O venres, día 19, realizarase a acta de replanteo. Actualmente están en fase de licitación os cambios de luminarias en Canosa, Lires, San Xosé de Pereiriña e Raíces, e están tramitándose os permisos sectoriais para os plans dos lugares de Lobelos de Arriba, Vilanova, Codesos, Bedán, Chafarís, Cantorna, Bermún e As Travesas.

16 nov 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.