Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cee vive xa o Ano Xubilar da Xunqueira

O arzobispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu o acto de apertura da porta santa // Asistiron freguéses de toda a unidade pastoral, a directora de Turismo de Galicia, deputados e alcaldes da zona

O acto da apertura da porta santa oficializou o inicio do Ano Xubilar da Virxe da Xunqueira, en Cee. O arzobispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu a celebración, á que se sumaron tamén a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o deputado provincial Blas García; a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela; e varios rexedores da Costa da Morte, ademais de centos freguéses de toda a Unidade Pastoral.

O párroco local, Desiré Kouakou, asegura que o Ano Xubilar será un “tiempo para la reflexión” que converterá a Cee en centro de peregrinación e tamén de debate a nivel relixioso e social, “pues reflexionaremos sobre el sentido del cristianismo, cómo nos puede ayudar, qué nos aporta y para qué nos sirve, pues hay que dar razón de nuestra esperanza, pero también debatiremos sobre la solidaridad, la justicia...”

A concesión deste Ano Xubilar é o froito de dous anos de intenso traballo de investigación e documentación para avalar ante Roma a petición, coincidindo co 475 aniversario do primeiro documento que recolle a advocación da Virxe da Xunqueira. “Cee nació alrededor de esta imagen”, recorda o párroco, “y donde aparece la Virgen surgen la vida y el dinamismo”.

Trala apertura da porta santa, a xornada inaugural clausurouse cun concerto de Rubén de Lis. Ao longo de todo o ano a igrexa parroquial terá as súas portas abertas a todos os peregrinos e visitantes, haberá misas a diario e organizaranse actos de Adoración ao Santísimo. Paralelamente aos actos relixiosos desenvolverase un amplo programa de actividades culturais e sociais, pois o obxectivo é involucrar e convidar a toda a sociedade a participar deste importante evento. Así, o vindeiro 11 de maio ás 19.00 horas, terá lugar lugar na igrexa a presentación da postal de Correos conmemorativa do Ano Xubilar, acto no que participarán a escritora ceense Concha Blanco e o fotógrafo Víctor Hugo.

Para o día 21 de maio está programada tamén unha visita ao templo ceense, que será guiada polo historiador e técnico de Cultura, Víctor Castiñeiras. O mes rematará cun concerto de Mitic, ás 22.30 horas na praza de Cee.

02 may 2022 / 12:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.