Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cento vinte atletas competirán o domingo no Duatlón de Reis de Vimianzo

Un total de 120 atletas federados participarán o domingo, día 25 de abril, no XII Duatlón de Reis Concello de Vimianzo, puntuable para o Campionato Galego, que se disputará, un ano máis, na parroquia de Salto e terá como punto de partida a praza de Castromil. A proba, que tivo que ser aprazada o pasado mes de febreiro, constará de tres sectores. O primeiro consistirá nunha carreira a pé de 5,4 quilómetros, á que seguirán dúas voltas en bicicleta que sumarán 21 quilómetros e rematará cun circuito a pé de 3,6 km. Comezará ás 10.30 horas e, debido ás restricións sanitarias, os atletas saíran por parellas, polo que será un proba cronometrada e non unha carreira ao estilo habitual. Ademais non poderá asistir público á zona acotada na contorna da liña de saída e de meta, segundo explicou o técnico de Deportes, Víctor Santos.

A presentación tivo lugar no concello vimiancés nun acto presidido pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, quen amosou a súa ledicia “por recuperar esta actividade deportiva”. Asistiron tamén o delegado da Federación Galega de Triatlón na Coruña, Amando Guerrero, quen subliñou a aposta de Vimianzo polo deporte, augurou un alto nivel na proba deste ano, e confirmou a participación dos campións galegos de 2019 e dos gañadores do duatlón do pasado ano.

David Calzas, presidente do Club Triatlón Costa da Morte, e gañador en varias ocasións do duatlón vimiancés, agradeceu que a federación incluíse a proba no Campionato Galego e amosou a súa confianza en que “vai ser unha cita especial e moi interesante este ano”, xa que participará xente cun alto nivel. A boa acollida desta nova cita atlética quedou demostrada na inscrición, pois as 120 prazas dispoñibles quedaron cubertas en tan só dúas horas.

Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, María José Pose, valorou positivamente porque este tipo de probas “fomentan a igualdade” e agradeceu ao deseñador do cartel promociona “que elexise a unha muller”.

21 abr 2021 / 20:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.