Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ciclo de conferencias con perspectiva de xénero na vila de Camariñas

O Concello de Camariñas coa colaboración da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e o Máster Universitario Oficial en Políticas Sociais e Intervención Comunitaria, organizará o día 26 o primeiro ciclo de conferencias A investigación con perspectiva de xénero.

Celebrarase no Museo do Encaixe e a inauguración será ás 16.00 horas e correrá a cargo de Raquel Martínez- Buján, decana da Facultade de Socioloxía da UDC, que falará sobre A importancia da produción científica con perspectiva de xénero. Haberá tamén dúas mesas de debate nas que se abordarán temas como a Saúde con perspectiva de xénero, da man de Silvia Miragaya, terapeuta ocupacional; Raquel Veiga-Seijo, enfermeira, podóloga e doutoranda no departamento de Ciencias da Saúde; e Rocío Ferreira Marante, terapeuta ocupacional. Na segunda Tatiana Palmeiro Ojeros, socióloga; Cecilia Diéguez Fociños, sociologa; e Noelia Teijeiro-Cal, socióloga e técnica de igualdade municipal, falarán sobre diferentes aspectos da Sexualidade con perspectiva de xénero.

Ademais presentarase o vídeo Emprendedoras e bravas: mulleres de Camariñas, e a poeta Lúa Mosquetera será a encargada de pechar o ciclo de conferencias cun recital de poesía feminista que comezará a partir das 19.00 horas. Graduada en Lingua e Literatura Galegas e actual campioa da Poetry Slam de Compostela, ten dous poemarios publicados, ambos autoeditados: Rasrás (2018) e Aunque seas rara y seas pájaro (2020). Cre na poesía como ferramenta e nas verbas como arma contra os imbéciles.

20 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.