Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cinco roteiros para descubrir os segredos de Cee, Dumbría e Corcubión

Foron deseñadas polo alumnado do obradoiro dual de emprego Camiño do Solpor IV

Dumbría. O alumnado-traballador do obradoiro dual de Emprego Camiño do Solpor IV, que desenvolven Dumbría, Cee e Corcubión, na especialidade de promoción turística local e información ao visitante, comeza coa súa oferta de cinco visitas turísticas de balde polos concellos participantes, para atraer á poboación local e aos turistas nos meses de verán.

As experiencias turísticas comezarán o día 26 de maio cunha ruta urbana chamada Cee: Pegadas da nosa historia, que se desenvolverá dende o paseo marítimo ao casco histórico. A visita pretende a través dos diversos elementos patrimoniais e persoeiros destacados dar a coñecer o pasado da vila. O punto de encontro será nas casetas do paseo marítimo ás 11.00 horas.

Continuarán en Cee o día 27 de maio, con Lires: Os camiños das mulleres infinitas. Nela os visitantes poderán mergullarse nos traballos e saberes das mulleres de Lires gozando ao mesmo tempo do mar, das praias e da maxia do lugar. Trátase dun roteiro circular, de 7 km, que partirá as 9.30 horas dende a igrexa de Santo Estevo.

O día 30 de maio, é o turno do Concello corcubionés coa ruta Un paseo pola historia de Corcubión. O percorrido trascurrirá polo casco histórico desta vila mariñeira e terá como fío condutor a historia, o patrimonio e a tradición oral. Partirá da Oficina de Turismo ás 11.00 horas. O día seguinte, 31 de maio á mesma hora e dende o mesmo punto arrancará unha viaxe ao pasado industrial e mariñeiro de Corcubión, co nome de Mar, Carbón e Sal na que se pon en valor a importancia que tivo o mar nesta vila, seguindo os restos e tesouros que chegaron ata os nosos días.

Como colofón o día 1 de xuño ás 11.00 horas, o Concello de Dumbría acollerá, a visita Luces de saín: as mulleres do Ézaro a través dos ollos de Ruth Matilda Anderson. A ruta pretende visibilizar unha historia, a das mulleres do Ézaro que permaneceu oculta durante séculos e que en parte foi e segue a ser descoñecida. Partirá da escultura do Golfiño do paseo marítimo.

As visitas guiadas terán un aforo limitado por orde de inscrición, polo que será necesario anotarse previamente de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas no teléfono 676 657 565.

21 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.