Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comeza a formación dos comerciantes de Camariñas para a venda en liña

O Concello comezou esta semana cos titoriais presenciais ás tendas e empresas adheridas a MerCamariñas, a central de venda en liña que nace co obxectivo de adaptar aos vendedores e vendedoras ao comercio electrónico para que poidan vender os seus produtos a través de Internet.

Os responsables da empresa local WP Nordés, encargada de xestionar o proxecto, están a visitar os establecementos participantes para ofrecer unha formación personalizada sobre o uso da plataforma. Unha das primeiras en recibir esta clase foi María Jesús, responsable da tenda de moda e complementos O Rincón de Chus, que tivo a ocasión de aprender a subir os seus produtos ao novo espazo virtual do comercio camariñán.

Por outra banda, a próxima semana terá lugar unha reunión entre a concelleira de Comercio Lara Pasantes, os responsables da plataforma, e unha importante empresa de transportes que vai a ofrecerlles aos establecementos participantes un convenio de colaboración para realizar os envíos.

Lara Pasantes explicou que “neste mes de abril temos previsto que se faga pública a web para que os comercios poidan comezar a realizar as súas vendas na rede” e lembrou que “todos os que non puideron adherirse a MerCamariñas poden facelo agora xa que está aberta a terceira rolda”.

09 abr 2021 / 19:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.