Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Con pasos de xigante, Saltarín, no Monte Pindo’, novo libro de Guadalupe Vázquez

Cee. Os contos Chouta, Saltarín! Hop, Little Grasshopper! e Voa, Saltarín, ata a Fin da Terra! Fly, Little Grasshopper, to the End of the World!, da mestra e escritora ceense Guadalupez Vázquez Formoso, teñen xa un terceiro irmán, tamén bilingüe en galego e inglés, e pensado para que os nenos e nenas aprendan a través do movemento, pero co punto engadido de que trata, ademais, o tema da inclusión.

Ambientado esta vez no emblemático Olimpo Celta, Con Pasos de Xigante, Saltarín, no Monte do Pindo / Giant Steps, Little Grasshopper, on Mt. Pindo trátase dun proxecto apoiado pola Asociación Monte Pindo Parque Natural.

A través deste conto, os lectores visitarán o Olimpo Celta da man de Saltarín: as pías da Moa, a Cova Casa da Xoana ou Revertedemos, os castelos de San Xurxo e de Penafiel, a Cama da Fertilidade, a grandiosa fervenza e o Xigante da Mina.

Guadalupe Vázquez Formoso, licenciada en Filoloxía Inglesa e mestra no CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo de Cee, terá agora nas librerías este terceiro libro que, xunto cos dous anteriores, abre o camiño no mundo das obras bilingües para público infantil.

Esta nova obra, ao igual que as dúas anteriores, está pensada para que “os nenos e nenas aprendan a través do xogo e o movemento, o que lles permite canalizar altos niveis de enerxía de maneira positiva, traballando tamén as emocións”. afirma a súa autora. M. LAVANDEIRA

26 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.