Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Corcubión acolleu unha concentración en protesta polo peche do ISM

Foi convocada pola CIG e participaron representantes dos mariñeiros de Costa da Morte // Esixen que se cubra a vacante do servizo médico

A CIG, apoida polos representantes dos mariñeiros das confrarias afectadas pola falla de atención sanitaria, concentrouse esta mañá ante o ISM de Corcubión para protestar contra o peche do ISM de Corcubión e esixir que se cubra a vacante do servizo médico e se preste atención sanitaria aos mariñeiros.

A concentración, aseguran, xuntou a preto de 150 mariñeiros. Lembran que neste centro se realizan os recoñecementos médicos e outro tipo de actuacións sanitarias aos traballadores do mar dos concellos de Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía, Camariñas, Laxe, Ponteceso, Carnota e Malpica, “que agora teñen que desprazarse até a Coruña co conseguinte gasto económico e a perda de tempo que lles impide saír ao mar a faenar”, advirte Xabier Santos, responsábel da Unión Local da CIG de Cee.

Agradeceu a presenza dos representantes do sector directamente afectados a pesar dos contratempos debido a pandemia. Tamén lembrou que a CIG dende un primeiro momento elevou as queixas oportunas e demandou da Executiva Provincial e do Consello Xeral do ISM o mantemento da atención sanitaria que se presta no centro do ISM de Corcubión, pero a resposta “foi sempre que había unha reestructuración do sector e que se pretendía centralizar o servizo na Coruña. Isto ocasiona a perda de un ou varios días de mar, os gastos de transporte e os de manutención aos mariñeiros ao ter que desprazarse a máis de cen quilómetros dos seus centros de traballo e de residencia”, afimou.

Ademáis advertiu que ista centralización estaba a ocasionar xa a saturación do servizo na Coruña. A día de hoxe non se dan citas até o ano 2021 e moitos mariñeiros non var poder traballar por non ter o recoñecemento médico actualizado. Xabier Santos dixo que as últimas reestructuracións levadas a cabo polo PSOE no ano 2009 acabaron por pechar as oficinas espalladas pola Costa da Morte. A CIG denuncia que existe “unha precarización das condicións laborais do personal médico co único obxectivo de privatizar os recoñecementos médicos e trasvasar diñeiro público a mans privadas”.

Santos rematou decindo que a CIG e o sector do mar “non van a permitir o atropelo e o maltrato do sector” e apelou a continuar as mobilizacións co fin de conseguir manter aberta a oficina do ISM e a mellora das condicións laborais dos seus traballadores e dos traballadores do mar.

24 oct 2020 / 19:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.