Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Corcubión queda sen as palmeiras da céntrica praza de Castelao

Foron retiradas por estar afectadas pola praga do picudo vermello

A praza de Castelao, de Corcubión, perdeu un dos seus atractivos: as palmeiras, que este martes foron cortadas, debido a que estas árbores, ao igual que outras da mesma especie ubicadas noutros puntos da vila, están afectadas pola praga do picudo vermello.

O portavoz de Sempre Corcubión, Alfredo González, lamenta este final para “máis de 60 anos de historia destes exemplares, que eran un sinal de identidade da vila corcubionesa”. Lembra que o seu grupo “xa advertira con tempo deste problema” e entende que non foi posible salvalas pola “deixadez, ineficacia ou mala sorte”. Pide agora que se deseñe un plan para recuperar “a vistosidade dunha praza marabillosa, agora despoboada”.

05 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.