Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cortes de auga este xoves en varios lugares de Corcubión, Cee e Fisterra

O motivo son as obras do saneamento, que se iniciarán ás 7.00 e rematarán ás 21.00 h

Cee. A empresa Augas Corcubión - Cee S. L. comunica que, debido ás obras de construción do tanque de tormentas na vila ceense, a rede de transporte de auga potable procedente do encoro de Santa Uxía ten que desviarse e para a execución dos traballos “resulta necesario o corte do subministro en toda a rede” este xoves, día 12 de xaneiro.

O corte do abastecemento afectará principalmente aos usuarios das zonas altas de Cee (alto da Armada, muelle de Brens e Estorde), así como aos núcleos de Vilar, Quenxe, Oliveira e Amarelle, no Concello de Corcubión, e ás zonas de San Martiño, Denle, San Salvador, Hermedesuso e Sardiñeiro, en Fisterra, “ao careceren estes lugares dun depósito regulador”, sinalan dende a concesionaria do servizo. Pola contra, as zonas abastecidas dende os depósitos de cola de Dumbría e Fisterra, “non percibirán sensiblemente o corte do subministro”, engaden.

Os traballos que provocarán o cortes de auga iniciaranse a partires das 7.00 horas e estiman que quedarán rematados ás 21.00 horas.

As obras enmárcanse no proxecto de mellora do sistema de saneamento nos concellos de Cee e Corcubión, que promove a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, e que suporán un investimento de máis de 8 millóns de euros. Trátase de executar uns traballos impulsados pola Xunta para solucionar as deficiencias que presentan na actualidade as redes de saneamento, redundando na mellora da calidade das augas da ría de Corcubión. M. L.

12 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.