Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Críticas dende o BNG á oferta do obradoiro de Corcubión, Cee e Dumbría

Consideran que o ioga “non é o máis acaído” en relación á demanda de emprego na zona

Cee. Os concellos de Cee, Corcubión e Dumbría acollerán un obradoiro de emprego que ofertará as especialidades de promoción turística local e ioga. Dende o BNG congratúlanse de que “veña parar aos nosos concellos, mais non concordamos co enfoque que se lle deu”. Así, engaden, nun momento como o actual, “onde vimos de rematar un verán no que a escaseza de man de obra especializada foi constante e a demanda de profesionais foi tal que non se atopou xente para traballar, consideramos que optar por formar profesionais en ioga non é o máis acaído”.

Camareiros, cociñeiras ou persoal de limpeza “foron demandas habituais. Moitos dos locais de hostalería e restauración buscaron e non atoparon persoal”, afirman.

A maiores desa situación puntual derivada, “tamén existe na comarca unha alta demanda de profesionais para a construción, como electricistas, albaneis ou fontaneiros”, engaden. Sinalan que o Concello de Carballo desenvolverá este curso 4 accións formativas para desempregados nas que se impartirán carpintería, soldadura, telecomunicacións e cociña, “algo que desde logo se adapta máis á realidade que o ofertado desde os nosos concellos”.

“Lamentamos que PP e PSOE estean tan desconectados da realidade da Costa da Morte e non entendan que non podemos seguir vivindo só do turismo e do ocio, que non saiban entender as necesidades da comarca e non colaboren nunha formación que favoreza ás empresas e ós profesionais”, sinalan. J. M.

28 sep 2021 / 18:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.