Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Demandan medidas para que a obra da estrada de Touriñán sexa correcta

MUXÍA. A portavoz do PP de Muxía, Sandra Vilela, solicitoulle ao alcalde unha xuntanza de portavoces “para buscar solución ao problema que xurde na obra da estrada ao faro de Touriñán”. Asegura que “aínda sen acabar de ser executada, xa teña baches no seu inicio e as cunetas xa se esten a desfacer”. Os populares piden que se lle esixa á Autoridade Portuaria “que faga unha execución correcta porque senón teremos o problema que xa tiñamos”. A este respecto, o alcalde de Muxía, Iago Toba, sinalou que os traballos xa se paralizaron en decembro “debido a que, a causa do mal tempo, a propia empresa viu que había problemas co aglomerado”. Ademais, engade, “tanto a alcaldesa de Cee como eu estamos dende entón en contacto tanto coa Autoridade Portuaria coma co director de obra, pois somos os máis interesados en que quede ben”. J. M. R.

19 ene 2021 / 18:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.