Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Demandan o despregue da fibra óptica en todo o Concello de Cee

O BNG pide ao goberno local que faga as xestións diante da Xunta e do Goberno

O BNG de Cee propón que o goberno municipal faga un estudo da situación da rede telefónica do concello para detectar aqueles núcleos onde é imposíbel acceder a internet por cable ou se fai en condicions moi precarias. Pide ademais que se fagan xestións oportunas diante da Xunta de Galiza e do Goberno central para o despregamento da fibra óptica “en todo o territorio do noso concello en igualdade de condicións para todos os veciños e veciñas”

Solicita ademais que o executivo municipal elabore un informe das tarifas e prestacións do acceso a internet no rural da Cee “para detectar posíbeis prácticas monopolísticas por parte das operadoras”. Este informe, engaden, remitirase a todos os partidos políticos con representación no pleno do concello, así como a comisión correspondente, “para analizar se procede presentar unha denuncia perante a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia”.

16 abr 2021 / 19:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.