Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Demandan que se reforce o servizo de pediatría nos centros de saúde de Costa da Morte

Dende o BNG aseguran que se pretende centralizar a atención ás crianzas no centro de saúde de Cee

Cee. O BNG leva tempo denunciando a falta de cobertura de prazas de médicos, baixas que non se cobren, redución de profesionais, listas de espera... Unha situación que achacan á política de recortes a cal deriva nun “deterioro da sanidade que está a provocar unha gran alarma social”. Sinalan ademais que na Costa da Morte esta falta de persoal vese agravada coa chegada do verán.

Este ano, engaden, volveron os problemas co servizo de pediatría “e o que se pretende é centralizar a atención das crianzas en Cee”, afirma o responsable comarcal, Serxio Domínguez.

Deste xeito, afirma, “o profesional terá que dar consulta as crianzas de Corcubión, Fisterra, Muxía, Dumbría e o propio Cee”. unha situación que o seu grupo considera “indignante” e lamenta que “non exista unha política de previsión de vacacións e baixas das profesionais, e que a Xunta se escude na falla de facultativos”. A este respecto sinala que o Plan de Ordenación de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde “concluía que hai un importante envellecemento do persoal, polo que é unha evidencia que, se a Consellaría de Sanidade non adapta as prazas de formación ás necesidades asistenciais, a consecuencia será que o Sergas non disporá de persoal suficiente para cubrir as vacantes que se van producindo por xubilación, ausencias ou baixas”.

Consideran os nacionalistas que, deste xeito a Xunta, a través do Sergas, está incumprindo a Lei de Saúde de Galicia, deixando á súa cidadanía sen os servizos médicos básicos que así lle recoñece a propia lei”.

Por todo o exposto o BNG presentará no Parlamento unha iniciativa para solicitar á Xunta que reforce o servizo de atención pediátrica na bisbarra, “xa que ademais dos nenos e nenas da zona, vai haber unha demanda maior de atención debido a presenza de turistas”. J. M. RAMOS

10 jul 2021 / 13:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.