Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Demandan un pediatra para o centro de Fisterra

Fisterra. A Asociación de Veciños Costa da Morte, de Fisterra, remitiu un escrito ao xerente do Sergas demándandolle que procedan “coa maior urxencia a cubrir a praza de médico pediatra” do centro de saúde local.

José Fernando Carrillo, presidente do colectivo veciñal, asegura que a praza está vacante “desde hai varias semanas pola baixa da titular”. Isto supón que os nenos e nenas teñan que ser atendidos por un dos médicos de familia “co que se incrementou o volume de pacientes que ten que atender e sen a correspondente especialización”.

Lembra que o número de nenos que hai neste municipio “é moi grande, razón pola cal existen tres colexios de Infantil e Primaria, así como unha gardería, os cales nestes momentos atópanse cunha atención sanitaria en precario ao non haber pediatra no centro de saúde de Fisterra, o que pon en perigo o seguimento que en materia de saúde requiren”.

Por todo iso, piden ao Sergas que repoña o servizo cubrindo, coa maior urxencia, a praza que segue vacante no consultorio fisterrán. M. R. L.

30 oct 2020 / 17:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.