Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Denuncia o PP que o goberno local de Muxía non pedíu a axuda para libros

O PP de Muxía, a través da súa concelleira, Sofía López, cualificou de “insólito” que o goberno local “nin se molestase” en pedir a subvención que a Xunta de Galicia pon á disposición dos concellos para a adquisición de libros cos que dotar de fondos a biblioteca municipal.

“Este executivo local nunca deixa de sorprendernos. Cando pensamos que xa non se poden facer as cousas peor, sempre hai algunha cuestión que supera a anterior”, dixo López, quen lembrou que non hai ningún motivo que poida xustificar a renuncia a esta axuda.

Neste sentido, a popular incidiu en que, neste caso, a subvención do Goberno autonómico non é de concorrencia competitiva, un feito que, tal e como explicou, supón que co mero trámite de solicitala xa é adxudicada.

Por este motivo, desde o Partido Popular consideran unha “falta de respecto” aos veciños de Muxía o “deixamento” que a concelleira de Educación do Concello mostra ao non reclamar esta axuda. “O interese pola biblioteca municipal e, en xeral, por todo o que afecta a Muxía, queda reflectido tamén no feito de que o centro non teña horarios fixos ao longo do ano para unha mellor xestión”, concluíu.

29 may 2021 / 18:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.