Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Desde el mar’ no Museo de Man

CAMELLE. O venres, día 30 de inaugurarase no Museo Man de Camelle a exposición Desde el Mar, de Diana Bustamante. A mostra, que permanecerá no museo ata o 30 de maio chega a Camariñas da man da liña de axudas artísticas do Instituto de Estudios Baleares, estará comisariada por Antoni Torres Martorell.

A pintura de Diana Bustamante, na que o mar ten un gran protagonismo, evidencia a riqueza e versatilidade da paisaxe mediterránea a través dun percorrido por lugares entrañables das Illas Baleares e da Costa Blanca pero tamén da franxa atlántica galega, achegándose a ao faro Vilán, a Camelle e facendo unha pequena homenaxe a Manfred Gnädinger.

Diana Bustamante creceu en Santa Eulalia del Río, un municipio da illa de Ibiza. Licenciada en Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid, no seu traballo conxunta e relaciona técnicas de pintura, debuxo e collage coas técnicas de gravado ao collagraph, monotipos e outras. Realiza exposicións individuais periodicamente e foi seleccionada e premiada en certames nacionais de gravado e pintura.

Previamente á inauguración da exposición, o espigón de Camelle acollerá, de 17.00 a 19.00 horas, a mostra Ants, Treballadores, que

foi realizada por artistas baleares en homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras e que está a percorrer o territorio nacional.

Paralelamente a esta mostra o Museo Man organizou, o pasado 25 de abril, un obradoiro artístico baixo o nome de Formigas no que os participantes puideron intervir durante 4 horas a súa propia formiga de ferro e que tamén será presentada xunto á exposición.

27 abr 2021 / 19:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.