Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Diminuíron un 20% en Camariñas os delitos derivados do tráfico de drogas

O Concello ten unha taxa de seguridade por riba da media, segundo datos da Garda Civil

Camariñas. O informe anual da Comandancia da Garda Civil e a Subdelegación do Goberno sobre os delitos cometidos no 2020 en Camariñas reflexa que é “un municipio cunhas taxas de seguridade superiores ás que existen no resto da provincia, comunidade autónoma e no total do territorio nacional”.

No documento destacan que o número de delitos mantense practicamente constante nos últimos anos, sen que se observe un incremento.

Así, no 2018 rexistráronse 125 delitos, o ano pasado 118 e no que vai de 2020 un total de 127. A taxa por cada 1.000 habitantes é de 24,9, “case 5 puntos menos que a media provincial e autonómica, e 15 menos que a nacional”, sinalan. A maior parte dos rexistrados este ano corresponden a denuncias por transaccións efectuadas en Internet o que significa que, “aínda que as vítimas residen en Camariñas, o feito ocorreu noutros municipios e países”.

De non ser polo aumento das denuncias asociadas ao comercio electrónico, “teríase producido unha importante redución”, engaden.

Así se constata, por exemplo, nos delitos relacionados co tráfico de drogas, que “non son non subiron, se non que tiveron un descenso moi importante, representando practicamente o 20% dos que se producían hai dous anos, pasando de 29 a 5”, afirman.

A alcaldesa, Sandra Ínsua, di que “isto demostra que algúns rumores son malintencionados e non responden á realidade dos datos”. J. M. R.

21 dic 2020 / 18:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.