Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dobre partido de fútbol solidario en Dumbría a favor da Cruz Vermella

Disputarase o día 4 de xaneiro no campo do Conco // Enfrontará ás seleccións feminina e masculina da Costa da Morte cos equipos do Dépor B e Bergantiños, respectivamente

O diario dixital Quepasanacosta organizará un dobre partido solidario o vindeiro 4 de xaneiro nas instalacións do Conco, en Dumbría, co apoio do Concello dumbriés, a Cruz Vermella e a Real Federación Galega de Fútbol.

Enfrontará ás dúas Seleccións da Costa da Morte-QPC. Dous combinados que naceron da Gala de Premios do Fútbol da Costa-QPC que organiza o diario cada ano, a través dos cales máis de 100 persoas vinculadas ao fútbol escollen aos mellores de cada temporada.

O once ideal escollido serveu de base para estes combinados costeiros. A xornada ten como obxectivo recadar fondos que serán doados á Cruz Vermella. Farase a través dunha Fila 0 (ao número de conta: ES57 0049 0007 2821 1192 7705) e tamén coa venda de donativos/rifas á entrada da cita deportiva. Sortearán varias camisetas do Dépor, da Selección Galega e tamén de Vero Boquete, ademais dunha máxica noite de hotel no Faro de Lariño (Carnota).

A Selección Feminina conta ademais coa colaboración de Saunier Duval, ArtioWeicon e Farmacia Miguel Lestón Fabeiro. Os seleccionadores serán Fran Figueroa (adestrador do Dumbría) e Rupper (adestrador do Xallas).

No caso do combinado masculino será Diego Lobelos (escollido o ano pasado como mellor adestrador), que contará coa axuda de Marcos Domínguez, das Escolas Deportivas do Concello de Carnota.

Marta García, delegada do San Lorenzo, escollida como Delegada do Ano, será a que faga os labores para ambos combinados. O evento contará ademais coa colaboración de Josiño Mira, de Radio Nordés-Cadena Ser, quen exercerá de speaker.

As 17.00 horas comenzará o partido que enfrontará á Selección da Costa QPC Feminina co Dépor B, e dúas horas máis tarde, ás 19.00 h, mediranse a Selección da Costa QPC Masculina e o Bergantiños.

No acto de presentación, celebrado en Dumbría, participaron o alcalde, José Manuel Pequeño; Rebeca Veiga López, presidenta da agrupación de Cruz Vermella de Vimianzo; Silvia Cancela, directiva da Real Federación Galega de Fútbol; Kevin Cabado, adestrador do Real Club Deportivo Abanca B e Manuel Castiñeira, directivo do Bergantiños C.F.

21 dic 2022 / 22:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.