Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dumbría recuperará o caixeiro automático de Abanca

O Concello arrendou a planta baixa do edificio que a entidade bancaria ten na capital municipal // Pagará douscentos euros mensuais

O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, asinou un contrato de arrendamento con Abanca polo que o Concello terá á súa disposición a planta baixa do edificio que a entidade bancaria ten na capital municipal. Coa formalización deste contrato dase cumprimento ao convenio asinado o 31 de marzo de 2021 entre a Xunta de Galicia e o Concello dumbriés para a universalización dos servizos financeiros nos concellos galegos, e polo que o a administración local se comprometía a facilitar un espazo para a dotación dun caixeiro á entidade bancaria que resultase adxudicataria da subvención da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Mediante este contrato o concello será arrendatario do edificio, cunha superficie de 123 m2 , mediante o pago dun alugueiro de 200 euros mensuais. Nos vindeiros días a entidade bancaria procederá á instalación, posta en funcionamento e mantemento dun caixeiro automático que permitirá aos habitantes realizar diversas operacións, como disposición de efectivo, reintegros, consulta de saldos e movementos, pago de recibos e tributos, transferencias nacionais, traspasos entre contas, activación de tarxeta, e cambio do seu PIN e do idioma co que se interactuará no caixeiro.

Ademais terán servizo de asistencia financeira nas dependencias, “que permitirá proporcionar ao habitantes do concello un nivel de servizo equivalente ao dunha oficina bancaria convencional, como o asesoramento en produtos e servizos financeiros, contratación de operacións de activo ou pasivo, etc., agás a prestación do servizo de caixa”, segundo sinalan dende o Concello. Asemade, tamén se prestará un servizo de formación financieira e banca electrónica, que permita aos habitantes do concello adquirir as nocións básicas para aprender a utilizar os servizos bancarios a través das novas tecnoloxías.

02 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.