Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Escolares de Baio e Zas fórmanse en educación viaria da man da Policía Local

Durante tres xornadas os nenos e nenas aprenden a teoría e despois póñena en práctica

Centos de alumnas e alumnos de diferentes idades do CEIP Labarta Pose de Baio e do CPI de Zas participan estes días nas xornadas de educación viaria organizadas polo Concello en colaboración coa Policía Local de Zas e de Carnota.

Con tal fin instalaron no pavillón municipal de Baio un circuíto no que os escolares aprenden as normas básicas da seguridade viaria dun xeito práctico e divertido. Andrés Alonso, Policía Local de Zas, é o encargado de impartir estas sesións xunto con axentes de Carnota. As sesións comezan cunha parte teórica sobre as diferentes sinais horizontais e verticais e, a continuación, vén a parte práctica na que uns exercen de peatóns, outros de condutores e outros de axentes da seguridade. Para iso facilítaselles diverso material adaptado ás súas idades, como bicicletas, patinetes, karts e mesmo unha bicicleta específica para nenas e nenos con mobilidade reducida.

Esta mañá desprazáronse ata alí o alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación e Promoción Económica, Pilar García, e comprobaron o ben que o estaban a pasar os máis pequenos. As xornadas comezaron o luns e rematarán este mércores, cunha última sesión de 09.30 a 14.00 horas.

21 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.