Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Escolas de río na ponte de Brandomil para os rapaces e rapazas de Zas

Zas. Os próximos 27 e 28 de xuño o Concello de Zas, en colaboración coa Federación Galega de Pesca, organizará un curso de pesca na Ponte de Brandomil. Esta é unha actividade dirixida a rapaces e rapazas de 8 a 18 anos para a que non se require ter licenza de pesca. O horario do curso é de 11.00 a 13.00 horas. As Escolas de Río están incluídas no programa de actividades para este verán organizado polo Concello de Zas.

Ademais, nos meses de xullo e agosto celebraranse campamentos urbanos nas Torres do Allo, que incluirán actividades deportivas, xogos, dinámicas e manualidades dirixidas a nenas e nenos nados entre 2009 e 2018. Haberá catro quendas e o custo é de 10 euros.

Este xoves, día 23, as Torres do Allo acollerán tamén un obradoiro de San Xoán, pensado para escolares de 4 a 12 anos. No mes de xullo, o día 2, haberá festa infantil no campo de fútbol e na piscina de Zas, con inchables e unha festa da escuma. M. l.

23 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.