Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Esixen actuar contra a praga que afecta ás palmeiras de Corcubión

Alfredo González di que hai exemplares danados polo picudo vermello en xardíns municipais

Corcubión. O portavoz de Sempre Corcubión, Alfredo González, denuncia que tres meses despois de ter requerido os estudos fitopatolóxicos das especies arbóreas do concello seguen “sen obter resposta do goberno”. Por iso, require unha actuación urxente “para frear a praga do picudo vermello nas palmeiras, ante os síntomas de infección que presentan”.

É primordial, engade, contactar axiña tanto coa Estación Fitopatolóxica de Galicia como cunha empresa especializada en dar resposta a este problema, “xa que é fundamental para salvar as plantas afectadas dos xardíns públicos, asesorar aos particulares sobre o tratamento das súas e frear o avance da praga”.

Xa en outubro do ano pasado, o concelleiro Alfredo González, solicitaba os estudos fitopatolóxicos realizados nos dous últimos mandatos do concello de cara a coñecer o estado das especies arbóreas dos parques e outras zonas públicas do municipio.

O feito de non obter resposta por parte do goberno, “nos preocupa e alarma ao comprobar que as palmeiras de Corcubión, tanto as plantadas en xardíns municipais como nalgúns privados, comezan a presentar síntomas compatibles cun ataque do coleóptero coñecido como picudo vermello”. A máis afectada, engade, é a que está diante do edificio da emisora municipal radio Neria, amén doutra situada en terreo privado”.

Tal como recolle o documento O control do picudo vermello das palmeiras da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, sinala, “é fundamental comezar co tratamento así como sexan visibles os primeiros síntomas de infección cara a lograr a súa erradicación e recuperar as plantas; polo que, instamos ao concello a actuar con celeridade, asesorar aos veciños que teñan palmeiras nas súas fincas e incluso abrir unha liña de axudas para garantir que se traten. A finalidade é erradicar un problema que pode derivar nun contaxio masivo e as correspondentes tarefas de tala de exemplares enfermos non recuperables”, conlúe o portavoz de Sempre Corcubión.

08 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.