Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Espectáculo con Trémola para celebrar en Cee o Día das Bibliotecas

Alumnos de Bacharelato exploraron o Universo co guía astronómico Óscar Blanco

Cee. A Biblioteca Municipal Francisco Mayán, de Cee, conmemora o Día das Bibliotecas cun espectáculo de Trémola Teatro co que os nenos e nenas de educación infantil poderán rir, asombrarse, participar dando ideas e botar a voar a imaxinación. A cita será o vindeiro luns, día 24 ás 11.00 horas, no auditorio da casa de cultura. Aseguran dende o centro de lectura que será un día “divertido e memorable onde aprenderán que os libros non hai que comelos, hai que lelos”.

Os que aprenderon moito foron tamén un grupo de veciños e veciñas da parroquia de Carballo que, acompañados polo sacerdote José García, visitaron este mércores o Museo Fernando Blanco, de Cee. Darío Areas achegounos á figura do mecenas ceense e ao seu impagable legado.

Pola súa banda, os alumnos de primeiro de Bacharelato do IES Fernando Blanco e do IES Agra de Raíces gozaron e aprenderon na conferencia impartida por Óscar Blanco Varela, director do Centro Astronómico de Trevinca (Ourense) na casa da cultura. A través da súa charla tratou de afondar na idea de que formamos parte do que chamamos Universo, explicando que dende a nosa perspectiva “fomos capaces de entender moitas cousas, pero aínda quedan outras por resolver”. O encontro estivo enmarcado nas actividades do programa educativo-cultural O Mes da Fundación. Darío Areas di que “coa conferencia, todos xuntos fixemos unha viaxe, dende o máis próximo ata os confíns do Universo observable”. J. M. R.

20 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.